Oshine is a beautiful creative multi-layout, multi-purpose wordpress portfolio theme with 18 unique demos. Oshine has been rated as one of the Best Portfolio & Photography themes in many popular blogs. We have carefully crafted each & every demo to ensure that a clean and modern design is carried through. Great design and Powerful features makes Oshine irresistible.

Follow Us

[icon name= "icon-facebook" size= "tiny" style= "circle" bg_color= "#3b5998" hover_bg_color= "#323232" color= "#fff" hover_color= "#ffffff" border_width= "0" alignment= "none" href= "" animation_type= "fadeIn"][icon name= "icon-twitter" size= "tiny" style= "circle" bg_color= "#0c9aca" hover_bg_color= "#323232" color= "#fff" hover_color= "#ffffff" border_width= "0" alignment= "none" href= "" animation_type= "fadeIn"][icon name= "icon-pinterest" size= "tiny" style= "circle" bg_color= "#e4100f" hover_bg_color= "#323232" color= "#fff" hover_color= "#ffffff" border_width= "0" alignment= "none" href= "" animation_type= "fadeIn"]

Copyright 2014 Brand Exponents All Rights Reserved

FABRICANTE DE CABOS DE MADEIRA

Calidade e Profesionalidade

Bello Neo Mangos de Madera, fundada como empresa familiar, inicia a súa actividade de produción de cabos de madeira no 1972. Ao longo destes anos, fomos ampliando e diversificando os nosos produtos acordes co mercado e as novas tecnoloxías. Dende os nosos inicios, fomos gañando a confianza de grandes clientes, tanto nacionais como internacionais, todo isto, debido á gran capacidade de produción, conseguindo sempre a máxima calidade e eficacia nos nosos traballos. O coñecemento das últimas técnicas e novidades da madeira coa que traballamos, é o que nos permite estar en constante evolución e o que nos mantén espertos e capaces de afrontar calquera proxecto, sempre acorde coas necesidades dos nosos clientes.

A MATERIA PRIMA: A MADEIRA DE PINO GALEGO

A orixe da nosa materia prima atópase nos bosques galegos. A madeira que utilizamos na fabricación dos mangos provén do pino galego. É unha madeira de alta calidade e de unha dureza intermedia, un gran basto e unha boa resistencia mecánica, heteroxénea e de textura grosa. O peso específico da madeira seca ao aire é de 0,46tn/m3 aproximadamente. Ofrecemos o noso produto en diversos tipos de calidades e acabados. Á chegada ós nosos almacéns, realízase unha rigorosa clasificación da madeira e atendendo ós nosos estándares de calidade, so admítese a que corresponde a das táboas serradas sen nus e sen defectos importantes. Ademais, na nosa fábrica temos un espazo optimizado para o proceso de secado da madeira. O prezo final do produto dependerá da clasificación da madeira e dos seus acabados. Así mesmo, antes do envío ó cliente realizamos unha inspección na que se comproba que o produto resultante responde ás especificacións do pedido. Os nosos provedores dispoñen do Sistema de Control da Cadea Custodia de Produtos Forestais, conforme cos requisitos do Anexo IV do Documento Técnico do PEFC. Dito sistema garantía a orixe da nosa materia prima ademais de ser un importante instrumento que potencia o desenvolvemento sostible en torno ós ecosistemas forestais. Solicite unha mostra dos nosos produtos a través do nosocorreo electrónico..*

REVESTIMENTOS

Realízanse en Polietileno de baixa densidade natural (PEBD ó PELD) cunha densidade de 0,92 cm3/gr. Material brando e elástico. Os polietilenos son materiais nobres, reciclables e non contaminantes, a súa combustión non orixina gases prexudiciais para a atmosfera. Os produtos fabricados con estes materiais, manipulados adecuadamente, son aptos para múltiples aplicacións. A súa impermeabilidade e principalmente a súa gran resistencia fan que os paus forrados con estes materiais sexan bos aliados có medio ambiente. Pódense presentar en distintas cores como por exemplo: branco, negro, gris, vermello, azul, amarelo, etc.

DIMENSIÓNS

Dispoñemos dunha gran flexibilidade de medidas, o cliente indícanos a lonxitude e o diámetro do pau do seu interese. Estas dimensións oscilarán entre os parámetros seguintes: Lonxitude: Dende os 0 os 2400 milímetros. Diámetro: 8, 10, 13, 14, 16, 18, 19, 20, 22, 24 y 28mm. Traballamos con máis de 90 referencias. No seguinte cadro amósanse algunhas medidas.
LOXÍSTICA E PRAZOS DE ENTREGA

Despois de realizar o seu pedido, recibirá a súa confirmación indicándolle tódolos datos relacionados coa operación e a forma de pago. O prazo de entrega varía en función da carga de traballo e da existencia de stock. O produto enviarase á dirección de entrega que nos indique nos prazos estipulados. O subministro realizarase tanto a nivel nacional como internacional a través dunha axencia de transporte. Os cabos de madeira entréganse segundo as preferencias do cliente en paquetes de 50 ou 60 unidades.
GARANTÍA

A factura emitida, ten validez como garantía, polo cal esta terá efecto a partir do día que se realiza a entrega no domicilio do mercador. Os defectos ou desperfectos debidos a unha incorrecta utilización ou manipulación do material ou dos desgastes polo o seu uso non se inclúen na condición de garantía.

PREZOS E FORMA DE PAGO

Prezos competitivos, consulte prezo agora mesmo chamando ó noso número de teléfono, polo fax ou a través da nosa dirección de correo electrónico. Portes pagados para pedidos superiores a 2.000 unidades no mercado nacional. Forma de pago sempre a convir polo cliente. O pedido non será considerado efectivo ata que se reciba polo fax, correo electrónico o recibo da transferencia, finalizando a confirmación cando a nosa entidade bancaria nos constate que se efectuou o ingreso. Tódalas compras que nos realice están suxeitas ás condiciones xerais de compra expostas no presente documento e no seu defecto ás establecidas pola lexislación específica doEstado Español en materia de comercio.
CONTACTO

Onde estamos.

Contact

Sabaxáns, 25 Bastavales

Brión

A Coruña

España

15280

Coordenadas GPS 42.822381, -8.654508

Tfno: +34 981 888 839

Fax: +34 981 888 839

Email: info@mangosdemadera.com


    BELLO NEO